jueves, 28 de mayo de 2015

OLIMPIADA DE LECTURA COMPRENSIVA

Hoy hemos realizado las pruebas de la Olimpiada Internacional de Lectura Comprensiva.
Los alumnos tenían que leer un texto y contestar a unas preguntas relacionadas en el menor tiempo posible.
Esta olimpiada es el colofón a la actividad complementaria enmarcada en proyecto lector de centro y que llevan trabajando alumnos de 5º, 6º de E.P. y Secundaria desde principios de curso y con la que se pretende mejorar la comprensión y velocidad lectora.









 


martes, 26 de mayo de 2015

ESTADÍSTICA E PROBABILIDADE

Déixovos unha páxina web na que hai enlaces a outras páxinas nas que podedes repasar a estadística e a probabilidade, e máis cousiñas.

REPASO

OLIMPIADA DE LECTURA COMPRENSIVA

El próximo 28 de mayo, 15 alumnos del colegio participarán en la 2ª Olimpiada de Lectura comprensiva que se realizarán a nivel mundial entre los colegio que participan en el programa PROGENTIS. 

De Educación Primaria los 10 clasificados fueron:

Quintana Prieto, Inés
Aparici Martín, Mar Xiufang
Rodríguez Fernández, Lara
Vázquez Mariño, Ana
Rodríguez González, Lucía
Rodríguez López, Gabriel
Pérez Rivada, Iván
Pérez Rivada, Diego
Vallecas González, Raquel
Álvarez López, Brais

De Educación Secundaria los 5 clasificados fueron: 

Romero González, Helena
Pavón Sanmartín, Pablo
Romero González, Ánxela
Puga Rodríguez, Marta
García Vázquez, Jorge

logo

jueves, 21 de mayo de 2015

EXCURSIÓN A VIGO
Os alumnos de 3º fixemos unha excursión a Vigo. Pola mañá visitamos Naturnova, alí coñecimos un centro interactivo que nos permitiu explorar moitos e variados temas dunha forma activa e lúdica. Despois de comer visitamos o zoo, vimos moitos animais e nolo pasamos moi ben.




PREMIADOS NO CERTAME DAS LETRAS GALEGAS 2015

Onte entregáronse na biblioteca municipal os premios dos gañadores do Certame das Letras Galegas convocado  polo Concello aos alumnos dos centros de ensino de Monforte de Lemos.


Os traballos cos que participaron e que o xurado tivo a ben premialos son os seguintes:






Nesta ocasión tres dos nosos alumnos resultaron agraciados: Nuria Fernández Rodríguez e Manuel Taboada Fernández (6º EP) na categoría de narración e Lois González Pérez (3º EP) na categoría de debuxo. 




NORABOA AOS TRES!!

martes, 19 de mayo de 2015

Excursión a Ponferrada

Os alumnos de 6º realizamos unha visita á cidade de Ponferrada, para visitar o Museo da Enerxía e o Castelo.
Un día intenso no que o pasamos moi ben, á vez que aprendimos e experimentamos moitas cousas sobre a ciencia e visitamos un dos castelos mellor conservados da península.




PARA REPASAR HISTORIA

Ainda que seguro que vos lembrades desta páxina do curso pasado, poñémola de novo para que poidades repasar as etapas da historia.

ETAPAS DA HISTORIA

lunes, 18 de mayo de 2015

NATACIÓN

Como todos os anos, os cursos impares de Primaria desplazámonos ata a Pisicina Municipal para realizar a actividade de Natación.
Aquí vos deixamos unhas fotos dos diferentes grupos ao remate da actividade.





LETRAS GALEGAS

Na xornada de hoxe conmemoramos o Día das Letras Galegas cun acto conxunto no xardín do colexio.
O acto comezou coa presentadora Alexandra Pérez de 4º de ESO explicando, coa colaboración do público, o porqué da celebración. A continuación dous alumnos de 6º de Primaria, Lara e David leron unha breve biografía do homenaxeado, o autor Xosé Filgueira Valverde; por outra parte Ariadna de 4ºB de Primaria recitou un poema. A parte musical estivo realizada por Yoan, de ESO, que tocou varias pezas tradicionais galegas co violín e por último o himno galego interpretado polos alumnos de ESO coas flautas e coa colaboración de Yoan e o seu violín.


VISITA DE "LAURE"

Hoxe visitounos Larureano Sababria "Laure", xogador do Clube

Deportivo da Coruña.

Compartiu uns momentos cos alumnos de 1º de Primaria, foi unha visita moi interesante por todo o que nos contou, foi moi amable e asinounos camisetas, bufandas, balóns, cromos, etc... 
Pola nosa parte desexámoslle moita sorte na próxima xornada, onde se decide se o Depor quedará ou non na primeira división.

álbum fotos visita Laure

jueves, 14 de mayo de 2015

5º EP en Nigrán

Os alumnos de 5º de Primaria realizan, os días 11 e 12 de maio, unha excursión a Nigrán
Son dous días de convivencia con múltiples actividades relacionadas co mar e a praia.

Neste álbum que incluimos a continuación iremos poñendo todas as fotos que nos van chegando da excursión; tamén se pode seguir no twitter do Centro, @EscolapMonforte

Xa temos o álbum completo con 72 fotografías!!


TEATRO

O venres 8 de maio entregáronse os premios do Certame Municipal de Teatro, alí estabamos nós para recoller o noso diploma e o agasallo que nos entregou a Concellala de Cultura.

 


 









O grupo de teatro da actividade extraescolar de teatro participou no certame do Concello coa obra "Fantasía", unha adaptación de "El mago de Oz".
Dito grupo está formado por Carmen, Clara e Aroa de 2ºA, Carlos de 2ºB, Ana e Inés de 5ºB e Raquel de 6ºA. 
Antes representaron a obra no colexio para os alumnos de primaria.
Aquí vos deixamos unhas fotografías das dúas representacións (pedimos disculpas pola baixa calidade das imaxes)









miércoles, 13 de mayo de 2015

VOZ NATURA: Ao rico tomate!

Esta tarde adicamos un ratiño a plantar do sementeiro unha pequena planta de tomate. Cada rapaz plantou a súa e decorámola cunha manualidade de Plástica. Ademáis, fomos a colocalos nuns maceteiros fantásticos que fixeron os compañeiros da ESO.
O resultado, esteticamente falando, foi bo; veremos que gusto teñen os tomatiños... Seguro que están riquísimos!

lunes, 11 de mayo de 2015

BARRO A MONTÓNS! (Novas fotos)

Despois da visita ao cine (non hai fotos debido ao despistados que son os titores), a tarde do pasado martes estivemos con Amparo, artesá responsable da actividade de barro, fabricando pezas de dito material. Os rapaces elaboraron un lapiseiro de dúas cores. O resultado foi espectacular.
Gracias a Amparo polo fantástico traballo e pola interesantísima explicación acerca do mundo dos artesáns.





jueves, 7 de mayo de 2015

EXCURSIÓN A CARUCEDO

Os alumnos de 2º de Primaria realizan, os días 7 e 8 de maio, unha excursión a Carucedo
Son dous días de convivencia na natureza plagados de actividades variadas.

Neste álbum que incluimos a continuación iremos poñendo todas as fotos que nos van chegando da excursión; tamén se pode seguir no twitter do Centro, @EscolapMonforte


miércoles, 6 de mayo de 2015

VOZ NATURA

Dentro do proxecto de "Voz Natura" que está a levar a cabo o Centro, os alumnos de 6º colaboramos cunha pequena plantación de pementos de diferentes variedades, como "Padrón", "Ourense" ou "Italianos".

Empezamos hai xa algúns meses sementando os pementos:

VOZ NATURA semilleiro
Pasados xa estes meses as plantas medraron e agora trasplantámolas a uns recipientes máis grandes e sacámolas ao exterior, ás espectaculares xardineiras que fabricaron os nosos compañeiros da ESO.
VOZ NATURA plantación