sábado, 28 de febrero de 2015

DEBATE "INMIGRACIÓN" 6ºE.P.

Na clase de Cidadania de 6º organizamos un debate co tema "A inmigración"; traballamos as intelixencias lingüísitica, interpersonal, así como competencias como saber escoitar, analizar, rebatir, etc...
A clase dividiuse en dous equipos, cada un deles tiña que defender a súa postura sobre a inmigración, independentemente das conviccións persoais.
Foi unha boa experiencia, os rapaces foron quen de debatir ideas moi interesantes sempre nun tono de respecto e escoita aos demais.


domingo, 22 de febrero de 2015

DESFILE COMPARSAS

Para rematar cos actos de Entroido participamos no desfile de comparsas de Ferreira, aquí vos deixamos un vídeo da xornada.




Álbum de fotos co desfile da comparsa o Martes de Entroido (picar na imaxe da dereita), no que obtivemos o 2º Premio. 
Noraboa a todos os participantes.


Aquí vos deixo tamén un vídeo sobre o desfile












CELEBRACIÓN DO MÉRCORES DE CINZA

Como cada ano realizamos a celebración do Mércores de Cinza na Igrexa do Centro. Ao ser un día non lectivo trasladámola ao xoves, momento no que o P. Eladio impúxonos as Cinzas, que son os nosos egoísmos e malos hábitos: pelexas, mentiras, pereza no estudo, falta de cariño e respecto... A cinza representa todo o anterior que queimamos e que queremos que naza en nós algo novo: paz, amizade, solidariedade, amor, dozura, comprensión...


sábado, 21 de febrero de 2015

PROXECTO DE COMPRENSIÓN 6ºEP

Na área de Coñecemento do Medio de 6º de Primaria estamos a traballar nun proxecto de comprensión sobre a Enerxía. Utilizamos diferentes técnicas de traballo, destrezas e rutinas para chegar aos obxectivos.
O seguimento do Proxecto faise no blog da clase





viernes, 20 de febrero de 2015

¡Acabando el proyecto de verbos!

 Algunas fotos del último día dedicado al proyecto de verbos. Las revistas han quedado bastante bien y sus índices claros y muy intuitivos.
Habéis trabajado estupendamente. ¡Enhorabuena a todos!









jueves, 19 de febrero de 2015

ESTUDAMOS O RELEVO DE GALICIA

Para que poidades ir situando os ríos, as serras e picos de Galicia nun mapa mudo, aquí vos deixamos este mapa, que podedes imprimir na casa.

domingo, 15 de febrero de 2015

VÍDEO MUSICAL

O venres 13 colaboramos co Concello de Monforte na gravación dun vídeo musical-"lipdub" para promocionar a nosa cidade.
Alí estivemos os alumnos de 5 anos, así como outros que pertencen a diferentes agrupacións deportivas da localidade. 

lipdub_concello

FESTA ENTROIDO

O venres 13 celebramos no Centro unha festa de Entroido na que os alumnos e mestres nos disfrazamos para empezar a disfrutar destes días de festa, disfraces e música.

Aquí temos un vídeo coas mellores imaxes e  un álbum coas fotos que aparecen no vídeo.



festa_entroido_2015

sábado, 14 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015

Despois do titorial sobre como elaborar o tocado do entroido; queremos compartir agora o maquillaxe que Imaxinatia realizará para os participantes na comparsa, o martes a partires das 13:00h (na Biblioteca do Centro, entrada por Primaria).




TITORIAL DO TOCADO PARA A COMPARSA DE ENTROIDO

jueves, 12 de febrero de 2015

XOVES DE COMADRES

Este xoves tocoulle o turno ás comadres, de novo a ANPA do Centro, dende a ludoteca que está a funcionar na Biblioteca, preparou a participación do centro; neste caso elaborouse unha "Monster Hide". 
De novo un grupo de alumnos, esta vez máis numeroso, as monitoras e algúns mestres acudimos á Praza de España, onde nos concederon outra vez o 2º premio do certame. 
Para máis información visitar o blog da ANPA

http://anpaescolapiosmonforte.blogspot.com.es/2015/02/e-outra-semana-que-seguimos-cos.html





miércoles, 11 de febrero de 2015

LEITARIEGOS DÍA 3

Última xornada da excursión a Leitariegos. Outro día extraordinario de climatoloxía, disfrutamos de novo do esquí e da paisaxe nevada.



Chegamos a Monforte xa de noite, cansados... pero mañá hai que voltar ao traballo.

martes, 10 de febrero de 2015

LEITARIEGOS DÍA 2

Empezamos o segundo día cun bó almorzo para coller forzas para a xornada que temos por diante.









Fotografía de todo o grupo

PROYECTO LENGUA CASTELLANA

Esta semana hemos comenzado a trabajar en un revista con conjugaciones y normas ortográficas. En grupo elaboraremos todas sus partes: nombre de la revista, portada, índice, contenidos, contraportada...
¡A ver qué sale de estos magníficos redactores!

lunes, 9 de febrero de 2015

EXCURSIÓN 6º EP A LEITARIEGOS

Como cada ano os alumnos de 6º de Primaria realizan unha excursión de 3 días para disfrutar da neve e practicar o esquí.
Neste curso a saída é a estación de Leitariegos, dende o luns 9 de febreiro ata o 11 de febreiro.

Aquí temos xa as fotos que nos enviaron o primeiro día de excursión:















AGENCIA DE VIAJES ESCOLAPIOS

La semana pasada estuvimos trabajando la expresión (entre otras cosas), elaborando unos estupendos folletos para intentar venderle al profe un viaje. Alguno fue tentador aunque algo caro. Eso sí, daban ganas de embarcarse hacia la aventura.
Esta semana estarán expuestos en el pasillo y además empezaremos a trabajar las conjugaciones con un proyecto. 



domingo, 8 de febrero de 2015

XOVES DE COMPADRES

A ANPA do Centro, dende a ludoteca que está a funcionar na Biblioteca, preparou a participación no xoves de Compadres, coa elaboración de varios "Minions". Un grupo de alumnos, as monitoras e algúns mestres acudimos á Praza de España, onde nos concederon o 2º premio do certame. 
Para máis información visitar o blog da ANPA 

http://anpaescolapiosmonforte.blogspot.com.es/2015/02/empezamos-o-mes-de-febreiro.html