domingo, 29 de noviembre de 2015

CALASANZ 2015

AO ENCONTRO DE CALASANZ

Como cada ano celebramos a semana de S. José de Calasanz, na que honramos ao fundador das Escolas Pías, e o primeiro en crear unha escola gratuíta.
Para elo empezamos ambientando o colexio como se merece a ocasión, realizamos titorías para lembrar a súa figura e tivemos un día de celebración, que foi o venres 27. Empezamos cunha celebración na igrexa para, a continuación, degustar unha excelente chocolatada; como sempre o "chocolateiro" Manolo foi un crack. Despois tivemos os xogos para todas as etapas e, nestes curso, en Primaria pola tarde fixemos un "xogo de cidade" para acabar a xornada.
Aínda que máis tarde, a partires das 19:30 celebrouse unha Eucaristía para todas a Comunidade Educativa e uns pinchos no comedor para todos os asistentes.
Foi unha xornada intensa de celebración.

jueves, 26 de noviembre de 2015

AO ENCONTRO DE CALASANZ

Un pequeno "aperitivo" de todo o que sucederá no día de mañá. Día de celebración en honra ao noso fundador.
Todos AO ENCONTRO DE CALASANZ


lunes, 23 de noviembre de 2015

"PROFES POR UN DÍA"

Hoxe disfrutamos dunha mañá especial cos alumnos de 4º de ESO.
Foron os nosos "profes" ao longo da maña. Con toda a seriedade que requería impartiron clases de matemáticas, lenguia, e. física, etc...
Foron uns excelentes profes e a experiencia resultou estupenda.
Aquí vos deixamos un enlace con todas as fotos:



viernes, 20 de noviembre de 2015

lunes, 16 de noviembre de 2015

RECORDAMOS AS TABLAS DE MULTIPLICAR

Este que vos poño é un enlace no que os nenos practican xogando as tablas de multiplicar.

TABLAS DE MULTIPLICAR

PARA SITUAR OS CONTINENTE E OCÉANOS

Ola a todos!!

Deixovos aquí un enlace con mapas do mundo para poder practicar a situación dos continentes e dos océanos.