miércoles, 7 de octubre de 2015

PROXECTO "VOYAGE, VOYAGE" 5º e 6º de Primaria -- Día 3

No terceiro día de Proxecto estamos rematando a búsqueda e organización da información necesaria para poder realizar a viaxe, con prezos definitivos de todo o necesario.
Con estes datos elaboramos un documento de texto, unha presentación e volcamos todos os datos nunha folla de cálculo onde comparamos as diferentes opcións que temos para escoller a que máis se adapta ao presuposto dado.
Pola tarde fixemos unha actividade moi novedosa pola inclusión dos móbiles como instrumento de traballo. A dinámica consistiu na realización de difentes itinerarios pola nosa cidade utilizando dúas ferramentas que inclúen todos os smartphones, como son Google Maps e GPS. Seguindo as indicacións de Maps os alumnos desprazáronse pola cidade seguindo unha ruta que se lles facilitou con anterioridade.
Tamén como cada día realizamos conxuntamente a oración da mañá e a presentación do día e tamén, xa de feito individual, un resumo no diario e recopilación no portfolio a última hora da tarde.


No hay comentarios:

Publicar un comentario