jueves, 8 de octubre de 2015

Proxecto "VOYAGE, VOYAGE", 5º-6º E. Primaria -- Día 4

Despois da oración da mañá e da presentación da xornada os alumnos remataron todos os arquivos relacionados coa viaxe organizada:
      - Arquivo de texto cos datos da viaxe
      - Folla de cálculo co presuposto final axustado á cantidade de diñeiro da que dispoñían
      - Presentación de diapositivas cun resumo da viaxe e actividades que realizarían.
Continuamos cos ensaios para a actividade do venres tarde e por fin, pola tarde....
Dinámica para aplicar o explicado pola mañá sobre o funcionamento do Metro dunha cidade. Os mestres foron os trenes nas 4 liñas que tiña a nosa "cidade" e os rapaces tiveron que chegar dun punto de saída a outro de destino utilizando un plano do metro e facendo os cambios  necesarios de liña para que o percorrido fora o máis rápido posible.
Como cada día rematamos cunha reflexión da xornada e anotacións en diario e portfolio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario