lunes, 5 de octubre de 2015

Proxecto "Voyage, voyage" 3º Ciclo. Día 1

Día 1 do proxecto "Voyage, voyage", 3º Ciclo de Primaria
 
Empezamos a xornada no Salón de Actos, coa oración conxunta e a presentación do Proxecto aos alumnos.
A partires dese momento os alumnos levaron a cabo todos os protocolos que se realizan nun aeroporto antes de poder entrar no avión, recibiron os seus billetes entregando unha identificación, dirixíronse cara ás portas de embarque pasando polo "security check" e accederon por fin aos seus avións/clases, onde se situaron no asiento que lles correspondeu no seu billete.
Recibiron as instrucións de seguridade pertinentes e a partires de aí empezou o traballo de grupos para o Proxecto. Neste primeiro día consistiu nun test de cultura xeral sobre o mundo, un escrito sobre "A miña viaxe ideal" e xa o traballo de investigación para poder organizar a viaxe que escolleron dos destinos previstos.
Como faremos cada xornada rematamos cunha reflexión sobre o traballado e a elaboración dun portfolio de proxecto co máis significativo de cada día. 
A cotinuación deixámosvos un vídeo co mellor da xornada e na imaxe superior un álbum coas fotos do día. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario