miércoles, 7 de octubre de 2015

DÍA 3 DO PROXECTO EN 3º E 4º: MAQUETAS DO RELEVO

Hoxe foi un día bastante especial, xa que os rapaces nos grupos base construiron unha maqueta cunha paisaxe para traballar as distintas formas do relevo. Ao rematar, etiquetaron con bandeiriñas cada elemento para recordalo mellor.

Adicaremos a tarde a traballar vocabulario e expresións relacionadas cos mares, ríos...

Recordade que mañá pola mañá sairemos a desfrutar do novo paseo polo Cabe e a observar en primeira persoa as cousas traballadas nestes días: cursos do río, elementos, a conservación do medio, a vida na auga... Todo o que vexamos o plasmaremos con verbas no diario do proxecto.

 Deíxovos algunhas fotos nas que podedes observar o fantástico traballo.