lunes, 29 de junio de 2015

NOVA PLATAFORMA EDUCAMOS

Xa está activada a nova plataforma EDUCAMOS no seguinte enlace:


Pódese xa entrar para irse familiarizando co novo aspecto e funcionalidades.



miércoles, 17 de junio de 2015

VOZ NATURA EN 4º: ¡AL RICO TOMATE!

Los de cuarto ya hemos recogido nuestros tomates del huerto del colegio. Ahora toca trasplantarlos, regarlos y, sobre todo, darles muchísimo cariño.
Gran experiencia natural la de este año con Voz Natura, Albergue de Quiroga, Os Troios, Caminata Solidaria...
¡Esperamos que todo esto sirva para crear futuros defensores y conservadores de la Naturaleza!

miércoles, 10 de junio de 2015

SPELLING BEE

Esta semana celebramos a segunda edición do "Spelling Bee" AMCO con alumnos de 1º a 4º de Primaria.
O martes tocoulles o turno aos alumnos de 1º e 2º e o mércores a 3º e 4º. 
Durante as dúas xornadas todos eles demostraron ter un gran nivel, en cada categoría houbo tres finalistas, pero todos eles merecen un gran aplauso polo esforzo realizado.

CATEGORÍA 1º-2º PRIMARIA






 CATEGORÍA 3º-4º PRIMARIA










martes, 2 de junio de 2015

EXCURSIÓN ALBERGUE DE QUIROGA 4º EP

Ola a todos, 
Por fin teño un ratiño para poder poñer algo sobre a nosa excursión ao albergue de Quiroga.
O pasado mércores día 27, os alumnos de caurto de primaria e tres profesores empezamos a nosa excursión visitando a Cova das Choias, en Biduedo (Puebla de Brollón). Os alumnos quedaron abraiados por unha especie de musgo en perigo de estinción, o Musgo lumninoso o Schistostega pennata, xa que según como lle de a luz vese de cor verde fosforita.


Despois desta visita, chegamos a Quiroga onde visitamos o MUSEO XEOLÓXICO, PALEONTOLÓXICO E MINEIRO. O seu guía, explicoulles aos rapaces as características xeolóxicas de Galicia. Explicoulles moi ben o Pliegue de Campodola-Leixazós, para que despois pola tarde o localizásemos dende a estrada que vai de Quiroga a Folgoso do Courel.

Ademáis, despois de comer, visitamos o museo Etnolóxico de Quiroga. Alí a súa guía explicounos os aparellos e utensilios dos nosos antepasados na súa labor diaria. Nel vimos as distintas áreas do museo: produción textil, bodega, muiño e aceite, a fragua, a castaña, o mel, o pendello, o sector louseiro ou a carpintería, e incluso un coche de fabricación artesanal dun veciño de Quiroga.




 Neste mueso tamén se atopa parte do decorado da película de animación en stop-motion 3D, O Apóstolo. 






Logo de ver este museo, partimos cara o Val das Mouras (facede clic sobre o nome para información sobre o Val). É un lugar máxico! 
                             




Despois desta visita fantástica, e de asearnos e repoñer forzar cunha boa cea, tivemos un ratiño para ir á disco. 
Ó día seguinte fomos todo día á Praia Fluvial de San Clodio. Alí esperábanos un día de multiaventura: rocódromo, rapel, tiro con arco, ponte tibetano e corda de equilibrio, ... e despois de comer un chapuzón no río.







... e despois destes dous días tan intensos, de volta a casiña para descansar antes das festas do Colexio.