viernes, 1 de mayo de 2015

SEMANA VOCACIONAL

No 3º Ciclo de Primaria, dentro da Semana Vocacional, realizamos un "Deixarse Preguntar" especial, no que contamos coa presenza de 5 persoas que adican a súa vida a unha labor á que chegaron seguindo a súa vocación.
Estiveron compartindo as súas experiencias cos alumnos e respondendo a todas as preguntas que estes lles plantexaron. Contamos co sacerdote Ramón Piñeiro, o veterinario Honorio Buitrón, o adestrador de taekwondo José María Vega, a nai de acollida Sandra López e a coidadora do "C.E.E Infanta Elena" Mª Dulce Díaz.
Foi unha tarde moi productiva para os alumnos por todo o que alí escoitaron e que rematou cunha foto de grupo diante do colexio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario