sábado, 20 de diciembre de 2014

TAEKWONDO

COPA TÉCNICA XUNTA


Medallas de ouro os nosos alumnos Alejandro Fernández, de 4ºA, Brais Rodríguez, de 6ºB e medalla de prata Samuel López, de 4°ESO B.

Noraboa a todos!!!!

jueves, 18 de diciembre de 2014

CERTAME DE PANXOLIÑAS 2014

ESPECTACULAR!!! actuación das alumnas do 3º Ciclo no Certame de Panxoliñas 2014. 
Aquí vos deixamos un vídeo que merece verse ata o final, esperamos que vos guste.



jueves, 4 de diciembre de 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR

O luns 1 de decembro celebrouse unha xornada de portas abertas na Biblioteca do colexio para presentar a nova empresa que se encargará do seu funcionamento, trátase de "Imaxinatia", que será a responsable da Ludoteca dependendo da ANPA do Centro.

O primeiro taller de Nadal realizado seguiu a temática "Nadal no mundo"; os nenos e nenas fixeron un mapa do mundo e a través dun xogo atoparon indformación do Nadal nos diferentes países. Completaron con debuxos a información que descubriron no mapa. Nos próximos días voltarán a traballar sobre o mesmo mapa.
O terceiro día adicárono a Xapón, onde empezaron con figuras simples de "origami" co fin de ir pouco a pouco mellorando a súa destreza, para poder facer figuras de Nadal máis complexas.
Tamén se van a empezar actividades de formento da lectura, falarán de lendas e especialmente do "Apalpador".




miércoles, 3 de diciembre de 2014

TRABALLOS COÑECEMENTO 6º DE PRIMARIA

Traballos realizados nos grupos de 6º de Coñecemento.
Mapas Mentais, Liñas Temporais ou rutinas Partes e Todo sobre o Corpo Humano.

http://alumnosdejavier.blogspot.com.es/2014/12/traballos-conecemento-6.html



lunes, 1 de diciembre de 2014

CALASANZ 2014

Aquí vos deixamos vídeos e álbums de fotos da Xornada de Calasanz.

O primeiro é un vídeo da celebración conxunta da mañá na igrexa.



O primeiro álbum de fotos corresponde tamén á Celebración que tivemos toda a Comunidade Educativa na igrexa.




O segundo álbum de fotos corresponde á Chocolatada dos alumnos do 1º e 2º Ciclos.


Este é o álbum coas fotos dos xogos do 1º e 2º Ciclos.


Por último o álbum coas fotos dos xogos do 3º Ciclo e ESO.