jueves, 27 de febrero de 2014

XOVES DE COMPADRES e COMADRES

Tamén estivemos no xoves de comadres con "La Suerte", ¡¡¡Gañamos o 1º premio!!!















Este ano fomos con Manolo o do Bombo a celebrar o xoves de compadres. Gran traballo o feito polos alumnos e responsable da Biblioteca.





MAQUETAS DE PAISAXES...

Durante esta semana os alumnos de 3º de primaria estiveron a facer distintas maquetas en platelina para representar as distintas paisaxes e o seu elementos. Mirade que ben quedaron!











martes, 25 de febrero de 2014

VIDEOS PAISAXES

Aquí tedes catro vídeos relacionados co tema que estamos traballado en coñe.
Esta en castelá... así que cando oiades "llanura", estase a referir ao que nós chamamos chaira.
Un saúdo e bo entroido!!!!!

PAISAXE

PAISAXE DE MONTAÑA

PAISAXE DE CHAIRA

PAISAXE DE COSTA

lunes, 24 de febrero de 2014

MARIÑEIROS POR UN DÍA

Os alumnos de 5º visitamos a vila de Celeiro, na costa de Lugo. Alí coñecimos diferentes traballos relacionados coa vida no mar, a lonxa, o peixe, o marisco, os barcos, salvamento marítimo, etc...
Foi unha experiencia moi positiva e onde coñecimos unha realidade moi diferente á nosa.



mariñeiros por un dia from javier.escolapios on Vimeo.

Aquí vos deixo un álbum coas fotos que nos enviaron dende a confraría das actividades do día


TRABALLO COOPERATIVO "O RELEVO"

A semana pasada os alumnos de 4º de primaria estiveron facendo unhas maquetas con plastilina sobre diferentes relevos. Despois as ensinaron aos seus compañeiros. Están expostas no corredor do segundo ciclo.











CHARLA DO ENTROIDO

O pasado mércores, representantes do concello deron unha charla acerca do bo comportamento que deben ter os rapaces ao longo do Entroido polas rúas. Entre os consellos estaban:

- Non desperdiciar alimentos (ovos, fariña...) tirándoos pola rúa ou entre eles.
- Non utilizar petardos polo risco que conlevan.


SE SUSPENDE LA EXCURSIÓN A LA NIEVE POR TEMPORAL

La excursión de 6º a la nieve programada para esta semana, se suspende debido a las malas condiciones meteorológicas. El agua y el viento no nos permitiría la práctica del esquí.
En cuanto las condiciones mejoren haremos la excursión.


domingo, 23 de febrero de 2014

Durante a semana vocacional os alumnos de 3º realizaron Mapas Mentais sobre distintas profesións.