sábado, 8 de noviembre de 2014

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 3º CICLO E.P. "FOLLOW ME"

DÍA 5

O último día de proxecto é o de valoracións, reflexións e avaliacións finais, pero como cada día  empezamos recibindo aos alumnos no corredor do Ciclo, onde fixemos a oración do día e lles explicamos a xornada.

A primeira actividade foi a autoavaliación e coavaliación; cada alumno fixo unha valoración do seu propio traballo e actitude durante a semana e da dos seus compañeiros, para elo utilizamos unha rúbrica con varios ítems de valoración.

Despois, no salón de actos, tivo lugar unha asamblea na que todos os que o desexaron e en alta voz, comentaron as súas impresións sobre a semana de traballo.

Como colofón, xa pola tarde, presentamos ás familias os productos finais elaborados neste proxecto, as guías dixital e manuscrita e as presentacións feitas en Power-point. Estivemos acompañados polo Director e incluso veu a prensa.

Foi un gran final para unha semana moi intensa...

Pero aínda houbo tempo ao final da tarde para celebrar o magosto co resto de compañeiros de Infantil e Primaria.

                                 ÁLBUM DE FOTOS DA XORNADA




Pronto más vídeos sobre el Proyecto



No hay comentarios:

Publicar un comentario