martes, 4 de noviembre de 2014

1,2,3... ACCIÓN

1,2,3... 2º CICLO, ACCIÓN!

Co ánimo de achegar o cine aos máis pequenos, este proxecto pretende darlles algunha ferramenta para poder desfrutar do contido das películas e poder extraer ensinanzas e críticas das mesmas. 

O visionado das películas son unha excusa para amosar e chegar a conceptos e realidades relevantes dentro deste mundo. Ademáis, cada clase terá un día para organizar o visionado das curtas nos recreo: acomodar, venda de entradas, presentación da curta… 

Cada día realizaremos actividades relacionando as películas cos contidos propios do curriculo do noso ciclo.

 DÍA 1: SHREK - PAJARILLOS                                                                                          

Neste día os alumnos do 2ºciclo viron a película de “Shrek” no salón de actos do colexio. Despois do visionado do filme, nas aulas respectivas,  traballaron a descrición de paisaxes e personaxes, tanto en galego como en castelán. 

Na hora do recreo proxectouse un corto para toda a primaria, os nenos colleron cada un a súa entrada na taquilla do noso cine. 



Pola tarde, no pavillón, realizamos unha actividade de educación física. Todo o ciclo participou nun circuito no que se simulaba a escena do rescate da princesa Fiona por Shrek escapando da dragoa. 



Logo nas aulas  traballáronse os valores que se reflicten nas personaxes da película.

No hay comentarios: