viernes, 7 de noviembre de 2014

1,2,3... ACCIÓN! DÍA 5

1,2,3 ACCION!! 

DIA 5 CORAZÓN DE TINTA - PRESTO                                  

 Coa proxección da película Corazón de tinta remata a semana do noso proxecto interdisciplinar. Unha película chea de fantasía que espertará en máis de un as ganas de ler e deixar voar a imaxinación. 



Logo de ver a película preparamos un texto no que lle explicabamos a unha persoa o argumento da película, o que máis e menos nos gustou e unha recomendación.

Durante o recreo hoxe vimos a curtametraxe de Presto



Xa que hoxe é o último día, tamén elaboramos unha lista de traballos relacionados co cine (diante e detrás das pantallas)
para que despois os nenos os representasen mediante mímica e os dimáis compañeiros as adiviñasen.


E pola tarde, para rematar, propuxemos unha actividade na que se daban todos os datos para pasar unha xornada de cine (unha entrada de cine, precios das palomitas e refrescos, mapa de situación do cine e plano do patio de butacas). Cada alumno tiña que conseguir responder as cuestións que se lle propoñían.





No hay comentarios:

Publicar un comentario