jueves, 6 de noviembre de 2014

1,2,3... ACCIÓN! DIA 4

1,2,3 ... 2º CICLO, ACCIÓN!

DIA 4 WALL-E  -  PARTY CLOUDY                                                        

 Hoxe foi o cuarto día do noso proxecto. Comezamos a xornada vendo a película de Wall-e. Ao rematar, subimos á clase e contestamos un cuestionario sobre hábitos saudables no que tiñamos que contestar se eran verdadeiras ou falsas unhas afirmacións. 

No recreo proxectamos a curtametraxe Party Cloudy. Coma en días anteriores, aquí vos deixo o enlace para que poidades volver a vela.

Despóis do recreo, fixemos unha enquisa aos alumnos da ESO relativa á reciclaxe. Coas respostas destes compañeiro elaboramos unha gráfica na que puidemos evidenciar que os alumnos da ESO están a favor da reciclaxe e co sistema de recollida de lixo na nosa cidade. 


Pola tarde, coa axuda da pirámide dos alimentis os nosos alumnos elaboraron un menú semanal moi saudable. Cada grupo nos comentou o contido dos seus menús.

Para rematar a xornada, estivemos traballando actividades interactivas sobre o medio ambiente.(Activades medioambientais.).


Mañá remataremos o noso proxecto, e amosareivos as curtas dos nosos alumnos.