lunes, 2 de junio de 2014

ACTIVIDADES 3º CICLO MAIO

Esta é unha recopilación de diferentes actividades realizadas no 3º Ciclo de Primaria durante o mes de maio:

OLIMPIADA DE LECTURA "PROGRENTIS"
Os alumnos que están a traballar no Programa de Lectura Eficaz participaron na Olimpiada Nacional de Lectura. De todos os participantes os 8 clasificados para a final local foron Pablo, Helena e Ánxela de 6ºB, Francisco de 5ºA e Lara, Gabriel, Diego e David de 5ºB, que realizaron as probas da final na aula de lectura de ESO.













MAQUETA para participar no concurso de Medio Ambiente do Concello de Monforte. No álbum de fotos podedes ver a evolución do traballo e o grupo que colaborou na elaboración.


PREMIOS CONCURSO LETRAS GALEGAS: entregáronse os premios de narrativa e debuxo do concurso das Letras Galegas 2014, foron premiados os alumnos María e Lois de 2ºB, Lara de 5ºA e Yaiza de 6ºB.
Neste enlace tedes a información do Concello sobre o certame e premiados.








CHARLA FÚTBOL-SALA: no mes de maio tivemos unha charla do xogador do equipo de fútbol-sala "Santiago Futsal" HUGO SÁNCHEZ (mellor deportista lucense 2012. O tema foi o deporte do fútbol-sala e a "escola" que van realizar en Monforte na última semana de xuño cos rapaces que se apunten. 














No hay comentarios:

Publicar un comentario