viernes, 30 de mayo de 2014

AMPLIAMOS INFORMACIÓN SOBRE A HISTORIA

Para poder traballar en clase nun cuestionario que nos axudará a entender mellor a historia e coñecer feitos importantes que marcaron o cambio de etapas históricas, deixámosvos o enlace da páxina na que traballaremos durante a próxima semana na aula de informática.

Ide mirándoa para vos resulte máis sinxelo atopar as cousa que vos pediremos.

jueves, 29 de mayo de 2014

EXCURSIÓN ASTORGA-PONFERRADA 6º

Os alumnos de 6º visitaron a cidade de Astorga e o seu museo Romano tamen foron a Ponferrada onde visitaron o seu Castelo e o museo de Enerxia.



miércoles, 28 de mayo de 2014

TORNEO FÚTBOL SOLIDARIO

Nestes enlaces pódense consultar os equipos e competición do Torneo de Fútbol Solidario das Festas do Colexio.



martes, 20 de mayo de 2014

PARTIDO LUGO-ALAVÉS








O domingo 18 desprazámonos a Lugo para asistir ao partido entre o LUGO e o ALAVÉS. A pesares dos moitos ánimos que lle demos o LUGO perdeu o partido por 0-1, foi toda unha lástima pois aínda tiña algunha oportunidade de ascenso;  ¡¡Outra vez será!!!




lunes, 19 de mayo de 2014

TORNEOS DE XADREZ

O 17 de maio participamos no Torneo de Xadrez "Galicia Centro", organizado no Centro do Viño de Monforte.
Foi a nosa segunda experiencia despois do Torneo de A Barrela.
Aquí tedes algunhas fotos do evento.


Torneo Centro Caixanova Monforte









Vimos de participar no Torneo Intercolexial de Xadrez de A Barrela. Acudimos cos mellores clasificados no torneo celebrado con anterioridade no noso Centro. Foi unha mañá de convivencia e intercambio con alumnos doutros centros, e ademais serviu para perfeccionar o nivel que temos no deporte do xadrez. Esperemos que isto anime aos alumnos a involucrarse máis nesta actividade tan positiva para o desenvolvemento de capacidades tan básicas para a aprendizaxe como son a capacidade de concentración e atención, o razonamento, a previsión e ao mesmo tempo valores como a deportividade, xogo limpo, etc...




GRUPO DE TEATRO

O grupo de teatro do colexio participou no Certame organizado polo Concello de Monforte.
Os alumnos representaron unha obra orixinal sobre os contos, resultou moi gracioso e os rapaces estiveron espectaculares.

¡¡Moitas felicidades a todos pola boa actuación!!


SIMETRIA

Tres juegos para practicar la simetría:

JUEGO SIMETRIA

JUEGO II SIMETRÍA

JUEGO III SIMETRIA (EL MÁS DIFÍCIL)

JUEGO IV SIMETRÍA

viernes, 16 de mayo de 2014

PARA ENTENDER MELLOR O FUNCIONAMENTO DALGUNHAS MÁQUINAS SIMPLES:



Deixámosvos aquí un enlace para ver como funcionan as pancas,


as poleas
 
 ou o plano inclinado da man do Profesor Beakman. Ademáis neste último vídeo pederedes saber algo do tornillo de Arquímedes.

.