viernes, 21 de junio de 2013

AUDIOVISUAIS

Durante este curso os alumnos de 5º e 6º tiveron como actividade extraescolar unha hora semanal de "Audiovisuais", coa monitora Elena.
Aquí vos deixo dúas mostras do traballo feito nesa clase.

O primeiro é un videoclip que rodaron tres dos alumnos sobre a canción "Any kind of guy" do grupo Big Time Rush.


VTS 01 1 from javier.escolapios on Vimeo.

O segundo é unha curtametraxe de animación utilizando a técnica de "Stop motion"


VTS 02 1 from javier.escolapios on Vimeo.

lunes, 17 de junio de 2013

3º NA CORUÑA

Ola a todos! O pasado venres 31 de maio, os nenos e nenas de 3º de E.P. fomos de excursión a “A Coruña”. Fomos visitar o acuario e a “Domus”. Aquí tedes unhas cantas fotos que fixemos durante a nosa estancia.

A nosa guía chamábase Alejandra e díxonos que non podiamos facer fotos con flash, así que non temos máis fotos do acuario. 




domingo, 9 de junio de 2013

Excursión Baiona 5º

Fotos da excursión a Baiona de 5º. Actividades de surf e kayak.
Fotos de Ayuko-Aventura.
 
AYUKO BAIONA

CONCERTO "ADAGIO"

O venres 7 o Conservatorio Adagio ofreceu un concerto/clase de piano para os alumnos de Infantil e Primaira. Nel presentouse ao concertista Ernesto Maseda, que o próximo curso será o director musical do Conservatorio.

miércoles, 5 de junio de 2013

EXCURSIÓN MANZANEDA

Os días 30 e 31 de maio fomos de excursión a Manzaneda. Realizamos diferentes actividades relacionadas co deporte e coa natureza. Fixemos equitación, karts, escalada e natación.
Ademais estivemos nunha discoteca onde non paramos de bailar.
Mirade estas fotos onde vos resumo a excursión:








De regreso a Monforte, fixemos un pequeno descanso en Castro Caldelas, onde visitamos o castelo desa vila.







domingo, 2 de junio de 2013

EXCURSIÓN A BAIONA

Os nosos alumnos fixeron: surf, kayak e xogos na praia.
Aloxaronse nos bungalos de "Camping Baiona".