jueves, 5 de diciembre de 2013

CALASANZ 2013

Aquí vos deixo un álbum no que irei engadindo as fotos ou vídeos que vaiamos tendo de todas as actividades que levaremos a cabo ao longo desta semana, na que conmemoramos a festividade do noso patrono e fundador, S. José de Calasanz.

Empezamos o martes 26 coa titoría sobre a figura de Calasanz e a elaboración dos "mini-alumnos" que seguen a Calasanz; para elo pegámolos no cartel preparado para a ocasión e no que figura o lema da semana "Escolapios x ti".
O xoves tivemos a actividade "Profes por un día". Os alumnos de 4º de ESO foron os "mestres" dos seus compañeiros de Infantil e Primaria durante a mañá. A actividade tivo un resultado excelente; todos (maiores e pequenos) quedaron con ganas de repetir.
O venres durante toda a mañá estivemos celebrando na Igrexa, tomando unha gran chocolatada e participando nunha xincana de xogos. Pola tarde tivemos a Eucaristía conxunta coas familias e os "pinchos" no comedor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario