jueves, 28 de noviembre de 2013

PARA REPASAR COÑE...



Póñovos uns enlaces dusns vídeos para que poidades repasar coñe esta fin de semana.
Xa me diredes que tal están.

 ANIMAIS MAMÍFEROS:



lunes, 25 de noviembre de 2013

ENTUSIASMAT 2º E.P.

Hoxe tivemos unha visita moi especial na clase de ENTUSIASMAT.

Viñeron os nosos pais a vernos na clase, disfrutamos como nunca cun público tan estupendo. Esperamos que eles o pasaran tan ben coma nós.












lunes, 18 de noviembre de 2013

domingo, 17 de noviembre de 2013

MATEMÁTICAS 5º E 6º

En 5º e 6º seguimos traballando as Matemáticas usando as Intelixencias Múltiples.

En 6º xogamos á "OCA DOS NÚMEROS ENTEIROS"




En 5º facemos Mapas Mentais sobre "Criterios de divisibilidade"






lunes, 11 de noviembre de 2013

Os alumnos de 5º seguen a traballar nos seus proxectos para protexer o medio ambiente. Como podedes ver nas fotografías que acompañan, saíron varias propostas moi interesantes; pero, o máis importante, é o seu compromiso ca protección da natureza


lunes, 4 de noviembre de 2013

AS CAIXIÑAS MISTERIOSAS (OS SENTIDOS)

O laboratorio hoxe estivo máis concurrido do normal, xa que os mestres puxemos 14 caixas misteriosas para que os nosos rapaces, utilizando todos os sentidos excepto a vista, intentasen saber o que había dentro.
O resultado axustouse bastante, e a pesar de que algún tiña medo de meter a man na caixa, non houbo sorpresas... jejeje









CALCULATOR!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Aquí vos deixamos unhas cantas fotos dunha das actividades que fixemos no proxecto de mate "Calculator". Os nenos estiveron clasificando un montón de operacións sen símbolo en tres vasiños: multiplicacións, sumas e restas.







viernes, 1 de noviembre de 2013

XOGO DE CIDADE 3º CICLO

O día 30 os alumnos e mestres do 3º Ciclo fixemos un "Xogo de Cidade" para coñecer mellor a nosa vila.
Empezamos a mañá cunha oración conxunta no Salón de Actos; tivemos moita sorte pois acompañounos o P. General dos Escolapios, que estaba de visita no colexio.
Aquí vedes algunhas fotos:

Por suposto non podía faltar a canción que dirixe Lucía:


ORACIÓN 3º CICLO from javier.escolapios on Vimeo.

Despois pasamos ao xogo, cada grupo tiña que atopar 9 lugares de Monforte (coas pistas que se lle daban) e sacar unha foto orixinal en cada un deses lugares.
  TORRE DA HOMENAXE                       ESCOLAPIOS           MOSTEIRO DAS CLARISAS


  CASA DO CONCELLO                      PONTE MEDIEVAL           CAPELA DE CARUDE                

    PRAZA DE ESPAÑA                     PORTA DA ALCAZABA         ESTACIÓN DE RENFE

Estas son as fotos en cada lugar, pero tiñamos bastantes máis:



Para rematar a mañá comimos no Parque da Florida. E 
rematamos co magosto no Colexio.
¡¡Un día completo!!!


(Se pinchas en cada foto 
verás os álbums completos)