lunes, 29 de abril de 2013

VISITA Á BASE DE "O MARROXO"

Os alumnos de 3º e 4º de primaria, visitamos a base de prevención e extinción de incendios forestais do Marroxo. Os traballadores da base, explicáronnos todos os traballos que realizaban nas súas saídas ó monte para extinguir os incendios e o seu quefacer diario na base.
Vimos o helicóptero por dentro, sentámonos no asiento do piloto, e el e máis a copiloto explicáronnos como  se pilota, como cargan o Bambi de auga, e moitas preguntas que se nos ocurrían.
Os rapaces da cuadrilla de extinción de incendios ensináronnos como é o seu equipo (mono, casco, botas,...) e como son as ferrementas que se utilizan na extinción de incendios.
Estivemos tamén na torre de vixiancia, onde nos explicaron como coordinaban as saídas do helicóptero ou da cuadrilla.