martes, 26 de marzo de 2013

MARIÑEIROS POR UN DÍA


O día 22 de marzo os alumnos de 5º de Primaria participamos na actividade “Mariñeiros por un día” na costa norte de Lugo.

A actividade desenvólvese nas instalacións portuarias de Celeiro.

En primeiro lugar fomos á lonxa, onde “Charli” nos explicou como funciona a subasta de pescado e nos ensinou varias clases de peixe, como pescadas do pincho ou de malla, congrio, lirio, etc. Ademáis tamén nos levou aos tanques onde manteñen vivo ao marisco que chega ao porto.

Despois Máximo deunos unhas cantas leccións sobre maneiras de pescar e sobre vocabulario relacionado coa pesca. Nas instalacións da confraría estivemos na sala onde fan as prácticas de náutica, na enfermería, sala de rádar e sala de radio; ata falamos cun barco que estaba próximo ao porto.

Finalmente acabamos a xornada nun estupendo restaurante onde tomamos unha comida a base de productos do mar.

 

celeiro.mp4 from javier.escolapios on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario