viernes, 30 de noviembre de 2012

miércoles, 28 de noviembre de 2012

CANTOS BICHIÑOS…!!!!!!!



Aquí podedes ver aos nenos de 3º realizando a traballo cooperativo de Inglés e algúns dos murais que fixeron.

“MOITO HAS DE SABER PARA SETAS PODER COMER”



O mércores día 31 os alumnos de 3º A e 3º B de primaria foron visitar o  viveiro “Os Trollos”.
Pola mañá fixemos un percorrido, acompañados por un técnico forestal , que nos foi explicando os diferentes  tipos de árbores e cogomelos que atopábamos polo camino.
Á tarde, despois de xantar, visitamos a aula da natureza na que nos ensinaron  sementes e as diferentes utilidades que ten a madeira.
Disfrutamos moito da excursión e os nenos tomaron boa nota de todo o que nos ensinaron.

QUE BEN O PASAMOS EN HALLOWEEN!!!



Este é o resultado do traballo cooperativo de Plástica dos alumnos de 3º.

martes, 27 de noviembre de 2012

TRABALLO COOPERATIVO E.FÍSICA

Traballo Cooperativo sobre Xogos Populares en 4º de Primaria. Despois de investigar e elaborar os carteis de cada xogo agora só falta XOGAR

Cooperativo 3º-4º EP Xogos Populares

lunes, 26 de noviembre de 2012

MAPAS MENTALES SOBRE OS APARATOS DO CORPO HUMANO

Cara o final da semana pasada, nas clases de 4ºA e B estivemos a realizar uns mapas mentais sobre os aparatos do corpo que estudiamos neste trimestre. Déixovos unhas fotos para que os podades ver.

mapas mentales 20-11-12

viernes, 23 de noviembre de 2012

NON PASES PASAPALABRA!!!

Os nenos de 4º fixéronse pasar por redactores e elaboraron roscos do Pasapalabra para traballar as definicións en Lingua Galega.O traballo cooperativo cada vez vai mellor!!!!  Espero que pasedes un bo rato xogando en familia!


jueves, 22 de noviembre de 2012

APRENDIZAXE COOPERATIVO EN 5º

Tamén nas Clases de E.Física de 5º se pode facer Aprendizaxe Cooperativo.

Neste caso o traballo é sobre o deporte do hoquei. Faremos un traballo cooperativo que servirá para que os rapaces coñezan moitos máis datos sobre este deporte.

Cooperativo 5ºA

miércoles, 21 de noviembre de 2012

A PRACTICAR MULTIPLICACIÓNS!

Para que aprendades ben as tablas de multiplicar
para que non perdades a práctica na multiplicación,
póñovos aquí un enlace a unha aplicación na rede na que poñeredes a proba as vosas aptitudes á hora de multiplicar.