viernes, 22 de junio de 2012

VÍDEO DESPEDIDA 6ºA

Aquí tedes o vídeo de despedida que a titora da clase de 6ºA preparou. 


despedida 6A from javier.escolapios on Vimeo.

lunes, 18 de junio de 2012

EXCURSIÓN 5º PRIMARIA

Neste trimestre fomos a Nigrán, á praia de Patos, onde fixemos moitas actividades acuáticas e na praia. Aquí nos podedes ver facendo xogos, piraguismo, surf...

Excursión 5ºPrimaria

TRABALLO DE 5ºB

Traballo da alumna de 5ºB en Word sobre os Reis Católicos, realizado na clase de Coñecemento do Medio

PARA VELO PICAR NESTE ENLACE

domingo, 17 de junio de 2012

ANÁLISE SINTÁCTICO

Presentacións que fixeron os alumnos de 6º sobre a análise sintáctica na clase de Lingua Española.
 6ºA                                        6ºB
Grupo de Andrea, Uxía. Carlos e Marcos.      Grupo de Andrea, Antía V. e Nerea R.

Grupo de Claudia, Clara e Alex                       Grupo de Ismael, Sergio e Nerea P.

Grupo de Gloria, Samuel e Rubén                   Grupo de Manuel, Yago e Andrés

Grupo de Lola, Iago e Gabriel                          Grupo de Jairo, Antía M. e Johan

Grupo de Nerea, Aitana e Juan Pablo             Grupo de María, Juan e Samuel

Grupo de Paula, Tamara e Andrea                 Grupo de Santiago, Anabel e Carlos

Grupo de Suso, Rodrigo e Pablo                      Grupo de Paula, Ana e Iris


jueves, 14 de junio de 2012

CONCURSO DE MAQUETAS DO CONCELLO

A maqueta elaborada polo 3º Ciclo de Primaria resultou gañadora do "Concurso de Medio Ambiente" convocado polo Concello de Monforte.
Todas as maquetas están expostas no Multiusos ata o día 7, e a nosa exporase tamén do 12 ao 15 de xuño en IFEMA (Madrid), dentro da "Feria Internacional de Urbanismo y Medio Ambiente". Pasádevos por calquera dos dous lugares, pois merece a pena verse. De todas formas aquí van unhas fotos para que vexades o noso traballo. 


Foto na que vedes a maqueta na feira TECMA en Madrid:



Enlace á páxina do Concello na que se informa do Concurso











domingo, 10 de junio de 2012

Excursión A Coruña

Mais vale tarde que nunca!

Ainda que xa pasou unha semana, aquí vos deixo algunha das fotos da nosa excursión do pasado día 1 a A Coruña.
Todos o pasamos xenial. No aquarium vimos como lles daban de comer as focas, moitas especies diferentes de animais mariños, e ata un tiburón, que, case se zampa a uns cuantos alumnos!, menos mal que Lara escapou!, (ji,ji, ji). 

Aquarium Finisterrae:




Despois fomos a Casa das Ciencias onde estivemos manipulando todos os aparellos que por alí había. Fixádevos que forza pulmonar ten Carla! Menuda pompa de xabón que fixo! É como non, nun lugar onde hai tanta ciencia, tivemos que tomarnos un tempo para pensar. Despois relaxámonos vendo unha proxección do firmamento chulísima.
Casa das Ciencias:





viernes, 8 de junio de 2012

EDUCAPEQUES: APRENDER XOGANDO

Ola a todos,
Con vistas a que xa temos a volta da esquina as vacacións, deixovos un enlace para unha páxina web educativa que aos vosos nenos lles resultará moi interesante e dirvertida. Ten actividades para todos os niveis de primaria e tamén para infantil. Tedes actividades de atención, memoria observación, matemáticas, comprensión lectora...
Será un xeito diferente de repasar certos  conceptos do curso e de entreterse aprendendo cousas novas.

http://www.educapeques.com/gesfomedia

Espero que vos guste!

jueves, 7 de junio de 2012

PREMIOS LETRAS GALEGAS

2º Clasificado categoría B de Narración:    ISMAEL PÉREZ FERNÁNDEZ

A entrega do premio será o martes 5 ás 12:00 na Biblioteca Municipal

http://www.monfortedelemos.es/noticias.asp?sec=5&id=3004




Aquí tedes a ISMAEL coa clase celebrando a consecución do premio.

miércoles, 6 de junio de 2012

Excursión a Lodoselo











Aínda que tardaron un pouquiño, aquí tedes o ben que o pasamos os nenos e nenas de 1º na excursión a Lodoselo: fixemos o pan como antigamente, verdade que estaba ben rico? Uhmm. Logo demos un paseo moi especial, fixemos distintos talleres e ata unha carteira para encher de euros..., e os animaliños estaban moi contentos de ter tan ilustres invitados.




























Excursión a Ourense de 5º Primaria

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da excursión que fixeron os alumnos de 5º de Primaria a Ourense, onde visitamos as distintas dependencias da comisaría da Policía Local, o centro comercial Ponte Vella e as termas de Outariz. Tamén dimos unha voltiña pola cidade atravesando pontes (Vella e do Milenio) e pasarelas sobre o Miño.


Aquí tedes un álbum de fotos da excursión:
Excursión 5º a Ourense