miércoles, 29 de febrero de 2012

Alumnos premiados no Certame de poesía do Concello



A alumna Gloria Rodríguez de 5º B e Roberto Cabana Real de 2º B foron os ganadores do Certame de poesía do Nadal. Enhoraboa! 

VISITA A FRUTAS CID

Os nenos e profesoras de 2º curso de primaria dámoslle as gracias as persoas que con tanto agarimo e interese nos recibiron na visita a "Frutas Cid"

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS-1º PRIMARIA

Vídeos
Os nenos de 1º A e 1º B fixemos, por un día, de bombeiros xa que fumos a visitar o Parque de Bombeiros e aquí veredes o ben que o pasamos.

FESTA DE CARNAVAL EN PRIMEIRO






Na festa de Carnaval do colexio fixemos un desfile de disfraces entre 1ºA e 1º B, con música e pasarela, fomos uns auténticos modelos cos nosos traxes de "deseño". Logo baixamos ao patio para xogar e bailar con todos os compañeiros de primaria e infantil e pasámolo xenial. Aquí vos van unhas fotos  dos nosos traxes. Os nosos compañeiros de 1º B non están nestas fotos porque estaban xogando pero pronto poñeremos fotos súas.  

sábado, 25 de febrero de 2012

CIRCUITOS 6ºPRIMARIA

En 6º somos uns grandes expertos en elaborar circuitos eléctricos. Aquí tedes unha mostra dos que fixemos en Coñecemento neste curso.


circuitos

viernes, 24 de febrero de 2012

ANTROIDO 2

Aquí temos outra mostra das celebracións de Antroido do Colexio.


miércoles, 22 de febrero de 2012

ANTROIDO 2012

¡¡¡¡¡1º PREMIO DE COMPARSAS!!!!!!
"EL CIRCO DEL SOL"

Moitísimas felicitacións a todos os organizadores e participantes na comparsa deste ano, foi ESPECTACULAR.......

Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a nosa comparsa no desfile do martes de Antroido.


jueves, 16 de febrero de 2012

XOVES DE COMADRES




Participamos no xoves de comadres coa capitana do Costa Concordia.
O lema foi
"Cunha capitana coma min non afundiría"

sábado, 11 de febrero de 2012

ATLETISMO 5º

Os alumnos de 5º fomos a Pinguela para facer Salto de Lonxitude. Aquí tedes unha mostra.

viernes, 10 de febrero de 2012

SAN BRAIS







O día 3 de febreiro, subimos a San Vicente todos os nenos de 1º de primaria a cumprir  coa tradición de bendecir as rosquiñas e as cintas. Escoitamos a misa, vimos a San Brais que estaba cheíño de frío e cintas. O sacerdote preguntounos durante a misa de onde viñamos e contounos a historia desta tradición. Ao final puxémonos as cintas benditas e comemos as roscas todos xuntos e ben seguro que durante este ano non nos poñeremos mal da gorxa. Foi unha xornada moi divertida e pese ao frío, despois de subir e baixar acabamos con moita calor.

jueves, 9 de febrero de 2012

HIXIENE BUCODENTAL






Mª José é dentista e deunos unha charla esta semana aos nenos do primeiro ciclo, o luns foron os nosos compañeiros de 2º e o mércores tocounos aos de 1º para aprender a cepillarnos ben os dentes e moitas  cousas máis....tanto aprendimos que ao final puxémolo nunha poesía a carón dun debuxo de Coco que é un peluche co que a dentista nos ensinou a forma correcta de cepillarnos. E por riba déronnos uns agasallos.....qué sorte tivemos!

DÍA DA PAZ



No día da paz saímos á explanada para formar con todo o colexio unha gran aspa , escoitamos un manifesto, cantamos unha canción e soltamos unhas pombas que saíron voando todas xuntiñas....non sabemos a onde foron pero seguro que levaron con elas o que tanto pedimos ese día ......PAZ.

Calasanz en primeiro





Os nenos de primeiro fixemos uns puzzles coa figura de San Xosé de Calasanz e aquí vedes que  ben nos quedaron, e tamén nesta festividade fomos a ver unha peli no salón de actos cos nosos compañeiros de ciclo. 

miércoles, 1 de febrero de 2012

CABALGATA DE REIS


Como "máis vale tarde que nunca", aquí vos deixo unha foto na que vemos aos nosos alumnos colaborando coas Súas Maxestades os Reis Magos na cabalgata de Reis deste Nadal pasado.

CONXUGACIÓNS VERBAIS

Para facilitar un pouco o estudo dos verbos (en castelán) neste enlace hai unha ficha coas conxugacións de verbos regulares.

CONXUGACIÓNS VERBAIS