sábado, 22 de diciembre de 2012

VISITA ASILO DE ANCIÁNS 5ºEP

O último día antes de vacacións os alumnos de 5º visitamos o Asil
o de Anciáns. Por un lado amenizámoslle a mañá coas nosas panxoliñas; e por outro nós vimos como traballan moitas persoas para atender e coidar ás persoas maiores.
Visita ao Asilo 5ºEP

AMIGO INVISIBLE

O último día de clase os alumnos de 5ºA entregámonos os agasallos do "Amigo Invisible". Todos eles estaban realizados por nós de maneira manual. Aquí tedes unha pequena mostra.

Amigo Invisible 5A

jueves, 20 de diciembre de 2012

"Merlín", da compañía de teatro Os Quinquilláns. Para alumnos de Primaria, como avance da obra que representarán en Monforte de Lemos o día 27 de decembro.

Teatro "Merlín"

Aquí vos deixamos dous vídeos:


video-2012-12-20-13-06-21 from javier.escolapios on Vimeo.

video-2012-12-20-13-29-09 from javier.escolapios on Vimeo.

martes, 18 de diciembre de 2012

CERTAME DE PANXOLIÑAS EN SANTIAGO

Aquí tedes o vídeo coa actuación en Santiago


2012-07-17 20.33.40 from javier.escolapios on Vimeo.



O próximo venres 14 o CORO de PRIMARIA do Colexio participa nun certame de Panxoliñas que terá lugar en Santiago de Compostela, no colexio La Salle a partires das 16:00.
Aquí podedes ver un avance neste vídeo dun ensaio do coro desta semana.


ensaio coro from javier.escolapios on Vimeo.

QUE CHULO O BELÉN DE INFANTIL!

Os nenos de 2º ciclo fomos a ver o Belén que fixeron os rapaces de Infantil. Que bo facer!!!!

lunes, 17 de diciembre de 2012

OPERACIÓN QUILO 2012

Neste curso propoñemos a "OPERACIÓN TONELADA", queremos recoller unha tonelada de alimentos non perecedeiros para Cáritas nesta campaña de Nadal.


OBXECTIVO CONSEGUIDO

Aquí tedes as fotos da entrega de alimentos a Cáritas


Operación Quilo 2012


Cada alumno que aporte algún alimento a esta Campaña recibirá da súa titora unha boliña que depositará no "Termómetro Solidario" que temos na entrada de Primaria, e onde iremos vendo como vai medrando a solidariedade do centro cos máis necesitados.



Aquí podedes ver o vídeo que utilizamos na titoría sobre a "Operación Kilo"

operacion kilo 2012 from javier.escolapios on Vimeo.

domingo, 16 de diciembre de 2012

II CERTAME DE NADAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

NORABOA RAPACES!!
A vosa actuación foi estupenda!

Aquí está o voso premio! 





OPERACIÓN TONELADA...POLA AUTOVÍA DA SOLIDARIDADE



Dende o segundo ciclo todos levamos o noso        

pola Autovía da Solidaridade.


Hoxe podemos dicir orgullosos que o temos repleto de alimentos con dirección a 

GRACIAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN

martes, 4 de diciembre de 2012

CHARLA EN 5º EP

Os alumnos de 5º recibiron unha charla sobre xeoloxía, na que ademais de recibir información puideron contemplar diferentes rochas e fósiles.

 
Fósiles, 5ºEP

CALASANZ 2012

Fotografías da celebración de todo o colexio na Igrexa e dos xogos do 3º Ciclo.

 
Calasanz 2012

viernes, 30 de noviembre de 2012

miércoles, 28 de noviembre de 2012

CANTOS BICHIÑOS…!!!!!!!



Aquí podedes ver aos nenos de 3º realizando a traballo cooperativo de Inglés e algúns dos murais que fixeron.

“MOITO HAS DE SABER PARA SETAS PODER COMER”



O mércores día 31 os alumnos de 3º A e 3º B de primaria foron visitar o  viveiro “Os Trollos”.
Pola mañá fixemos un percorrido, acompañados por un técnico forestal , que nos foi explicando os diferentes  tipos de árbores e cogomelos que atopábamos polo camino.
Á tarde, despois de xantar, visitamos a aula da natureza na que nos ensinaron  sementes e as diferentes utilidades que ten a madeira.
Disfrutamos moito da excursión e os nenos tomaron boa nota de todo o que nos ensinaron.

QUE BEN O PASAMOS EN HALLOWEEN!!!



Este é o resultado do traballo cooperativo de Plástica dos alumnos de 3º.

martes, 27 de noviembre de 2012

TRABALLO COOPERATIVO E.FÍSICA

Traballo Cooperativo sobre Xogos Populares en 4º de Primaria. Despois de investigar e elaborar os carteis de cada xogo agora só falta XOGAR

Cooperativo 3º-4º EP Xogos Populares

lunes, 26 de noviembre de 2012

MAPAS MENTALES SOBRE OS APARATOS DO CORPO HUMANO

Cara o final da semana pasada, nas clases de 4ºA e B estivemos a realizar uns mapas mentais sobre os aparatos do corpo que estudiamos neste trimestre. Déixovos unhas fotos para que os podades ver.

mapas mentales 20-11-12

viernes, 23 de noviembre de 2012

NON PASES PASAPALABRA!!!

Os nenos de 4º fixéronse pasar por redactores e elaboraron roscos do Pasapalabra para traballar as definicións en Lingua Galega.O traballo cooperativo cada vez vai mellor!!!!  Espero que pasedes un bo rato xogando en familia!


jueves, 22 de noviembre de 2012

APRENDIZAXE COOPERATIVO EN 5º

Tamén nas Clases de E.Física de 5º se pode facer Aprendizaxe Cooperativo.

Neste caso o traballo é sobre o deporte do hoquei. Faremos un traballo cooperativo que servirá para que os rapaces coñezan moitos máis datos sobre este deporte.

Cooperativo 5ºA

miércoles, 21 de noviembre de 2012

A PRACTICAR MULTIPLICACIÓNS!

Para que aprendades ben as tablas de multiplicar
para que non perdades a práctica na multiplicación,
póñovos aquí un enlace a unha aplicación na rede na que poñeredes a proba as vosas aptitudes á hora de multiplicar.