lunes, 24 de octubre de 2011

ETAPA DO CAMIÑO DE SANTIAGO

O venres 21, como estaba previsto, 62 alumnos e alumnas do 3º Ciclo de Primaria acompañados polos mestres realizamos unha das etapas do Camiño de Santiago, a primeira de Galicia, que vai dende O Cebreiro a Triacastela.
Foi un percorrido duro, pero todos chegamos á meta despois de camiñar durante 21,5Km. Aquí podedes ver un vídeo coas imáxenes recollidas na xornada.



EXPERIENCIA COS SENTIDOS.

Aprobeitando que estamos a traballar o tema dos sentidos, os alumnos de 3º de primaria fomos ata o laboratorio para saborear, ulir e tocar.
Todos o pasamos xenial e aprendimos moitas cousas.

miércoles, 5 de octubre de 2011

CELEBRACIÓN DE PRINCIPIO DE CURSO


O mércores 5 de outubro tivemos a Celebración de Principio de curso para os alumnos de 3º a 6º de E. Primaria.
Celebramos unha Eucaristía na igrexa do colexio oficiada polo P. Eladio e o P. José. Asistiron todos os alumnos do 2º e 3º Ciclos de Primaria, os mestres e algunhas familias que quixeron unirse.
Durante a Eucaristía o P.Eladio falounos moito sobre a Paz e o moito que o Papa Juan Pablo II loitara por levar a Paz a todo o mundo; ademais explicounos varias maneiras de colaborar coa Paz "Multiplicando Vida", como reza o lema deste curso.

lunes, 3 de octubre de 2011

Comeza o Ciclo de Teatro Infantil do Concello

Esta fin de semana dará comezo o Ciclo de Teatro Infantil que organiza o Concello de Monforte de Lemos. Tedes máis información neste enlace:

http://www.concellodemonforte.com/axendacultural.asp?id=2820
Un saúdo